martes, 10 de mayo de 2011

ANTEPRETERITO

O antepretérito de indicativo, tamén denominado pluscuamperfecto de indicativo é un dos tempos verbais. Caracterízase por posuír vogal temática e un sufixo modo-temporal "ra".

O antepretérito de indicativo modalmente é real e indica un momento anterior a un referente anterior: Cando quixen xogar con ela, escordara o pulso.

Valores do Antepretérito de indicativo

  • De cortesía: pode presentar tamén valores non reais referidos ó presente (Quixera falar con vostede)
  • Estar presente en oracións desiderativas (O demo o levara!)
  • Pode indicar unha acción que cumpría realizar no pasado. Tería un valor enfático: Se non xantaches, xantaras.
  • Valor de pospretérito: Non foras ti tan bonita, ninguén envexa te tivera

Formas

andara varreras partiras
andaras varrera partira
andara varrera partira
andáramos varréramos partíramos
andárades varrérades partírades
andaran varreran partiran

No hay comentarios:

Publicar un comentario