Formas
O artigo indeterminado presenta as seguintes formas:
| MASCULINO | FEMININO | |
|---|---|---|
| SINGULAR | un | unha |
| PLURAL | uns | unhas |
Contraccións
As preposicións con, de e en contraen co artigo indeterminado:
| ART. PREP. | UN | UNHA | UNS | UNHAS |
|---|---|---|---|---|
| CON | cun | cunha | cuns | cunhas |
| DE | dun | dunha | duns | dunhas |
| EN | nun | nunha | nuns | nunhas |
Se a preposición non forma parte da mesma frase ca o artigo, non se realiza a contracción: de un médico estar alí, salvaríalle a vida (= de estar alí un médico, salvaríalle a vida).
Para a resolución dos encontros das preposicións con, de e en co numeral e indefinido un.
No hay comentarios:
Publicar un comentario