O pospretérito, tamén chamado condicional, é un dos tempos verbais. Caracterízase por, ademais de posuír vogal temática, por ter un sufixo modo-temporal "ría".
Valores do futuro de indicativo
- Expresa posterioridade con respecto ó pasado, é un tempo referente; en canto ó modo é real. Atópase en relación co futuro de indicativo: Cría que non volvería xamais á praia
- Ten dous valores, un subxectivo (Biqueino pensando en se o volvería ver) e outro obxectivo (Biqueino daquela. Tamén o bicaría anos despois).
- No diálogo emprégase para negar ironicamente o dito previamente: - Disque lle tocou a lotería / - Si, ho, tocaríalle
- Probabilidade ou aproximación no pasado: Tiña tenza de si, e iso que andaría nos cen quilos
- Referido ó presente con valor modal de cortesía: Importaríavos axudarme?.
andaría | varrería | partiría |
andarías | varrerías | partirías |
andaría | varrería | partiría |
andariamos | varreriamos | partiriamos |
andarian | varrerian | partirian |
andarían | varrerían | partirían |
No hay comentarios:
Publicar un comentario