O pretérito de indicativo, tamén chamado pretérito perfecto é un dos tempos verbais. Caracterízase por, ademais de posuír vogal temática e carecer de sufixo modo-temporal, circunstancia esta última que tamén lle acontece ó presente de indicativo, por ter un sufixo número-persoal de seu (-i/-n, -ches, -u, -mos, -stes, -ron).
O modo do pretérito de indicativo é real. Refire un momento pasado en relación ó presente, e non necesita referente: Choeron as vacas á tardiña
Valores do Pretérito de Indicativo
- Metaforicamente para referirse a un feito inminente: Non me berres máis, xa marchei.
- Pode indicar unha acción anterior a un momento futuro: Durme, cando espertes, morreu o conto.
- Pode indicar un momento anterior a outro pasado: Non viu se lle viñan pola dereita ou pola esquerda.
- De mandato: con valor imperativo, pode expresar ordes de realización inmediata: Tedes que ter rematado o traballo para mañá, así que xa o fixestes
- De negación absoluta: en contextos coloquiais pode expresar a negación da acción: Que pouco me gustou o lugar. Xa volvín
Formas
andei | varrín | partín |
andaches | varriches | partiches |
andou | varreu | partiu |
andamos | varremos | partimos |
andastes | varrestes | partistes |
andaron | varreron | partiron |
No hay comentarios:
Publicar un comentario