martes, 10 de mayo de 2011

IMPERATIVO


O Imperativo é un modo gramatical do verbo. Con el procúrase determinada reacción no receptor ou receptores. Enúnciase no tempo presente, mais refírese a unha acción que se ha desenvolver no futuro. Ao implicar ao receptor, o paradigma deste modo simplifícase sensibelmente, nas persoas de 2ª do singular e plural e no tratamento de cortesía empréganse as formas de Presente de subxuntivo: Fagan o favor de seguir as indicacións

Valores

  • De mandato: Fai o que che digo
  • Súplica: Escóitame un momento
  • Consello: Conduce a modo
  • Invitación: Venme visitar nas próximas vacacións

Formas

anda varrese parte
andade varrede partide

No hay comentarios:

Publicar un comentario