O Copretérito de indicativo, tamén denominado imperfecto de indicativo é un tempo verbal constituído morfoloxicamente por unha raíz, unha vogal temática, un sufixo modo-temporal e un sufixo de número e persoa.
O sufixo modo-temporal é o morfema "ba" no caso da primeira conxugación e o morfema "a" no caso da segunda e terceira conxugación verbal.
Valores do Copretérito de indicativo
O Copretérito de indicativo expresa coincidencia temporal respecto a un referendo pasado. O referendo pode ser achegado mesmo por un adverbio
- Durativo e habitual: Sempre xantabamos tarde.
- Narrativo: O narrado áchase nun pasado vago: Era unha fadiña tristeira...
- Acción habitual no pasado: Os mércores adestrabamos xuntos.
- Contemporaneidade no pasado: Entón, sentiamos unhas pegadas arrepiantes.
- Intemporalidade no pasado: Cando cheguei a vello, deime de conta de que a vellez era un inverno.
- Prospección dende o pasado: Comentoume que emigraría ó mes seguinte.
- Modal:
-
-
- Valor de cortesía: Perdoe, quería comentarlle...
- Intención expresiva: ¡Comíamo a bicos!
-
Formas
andaba | varría | partía |
andabas | varrías | partías |
andaba | varría | partía |
andabamos | varriamos | partiamos |
andabades | varriades | partiades |
andaban | varrían | partían |
No hay comentarios:
Publicar un comentario